Chegando a Nova Celandia
Coñece o pasado do país kiwi para entender mellor o presente e o futuro
Todos coñecemos Nova Celandia por ser un país remoto, aillado e idílico en canto a paisaxes e natureza. Probablemente ó pensar en Nova Celandia nos veñan á cabeza esos entornos hobittianos, inmensas pradeiras verdes, volcáns e lagos a tutiplén. Pois ben, Nova Celandia é todo isto, pero é moito máis.
Un pouco de xeografía
Nova Celandia é un país de aproximadamente a metade de superficie de España, e unha poboación de case 5 millóns de persoas (máis que Galicia pero menos que Cataluña). Divídese xeográficamente en 2 illas, a Norte e a Sur, quedando a primeira, casualmente ó Norte da illa Sur. Case 4 dos 5 millóns de persoas viven na illa Norte, e sobre 1.5 millóns destos 4 viven na zona metropolitana de Auckland, a cidade máis grande do país. Auckland é o centro neurálxico do país e o punto que conecta ós kiwis co resto de humanidade. Sen embargo, a capital do estado reside en Wellington.
Como dato curioso, Nova Celandia atópase a máis de 2000km de calquera outro país.
Sabías que...?
Sabías que o ollo do cu non ve? En ningún lado. Tampouco en Nova Celandia.
Historia pal body
Orixe Maorí
Ó principio Nova Celandia estaba habitado por maoríes que chegaron de illas polinésicas e pasaban o día facendo a haka para facerse os chulos. Vivían moi felices e flipaban cas erupcións volcánicas que sucedían de cando en cando. Eran guerreiros pero tampouco é que tiveran moitas batallas que librar.
Conquista Británica
Tras unha noite tola en Mallorca, cara 1840 chegaron os británicos a Nova Celandia. Mataron a varios maoríes porque non lles servían máis cervexa.
Actualidade
Aproveitando que sabían facer a haka, e gracias á conquista inglesa, os neozelandeses levan case 200 anos xogando ó rugby. Non hai rastro de calquera outra actividade de tipo cultural, deportivo ou social. Solo rugby.
Sabías que...?
Sabías que Canadá chegou a Nova Celandia antes que os ingleses? Cando chegaron e viron ós maoríes bailando a haka consideraron que ese baile non pegaba nada co curling e deron media volta.
Travel Pei
Peibol
Recorro o mundo facendo teibols.